Desenvolvemento de ferramentas e metodoloxías para a creación dunha rede europea de mapeado acústico accesible ó usuario

Dentro do 7º Programa Marco (Cooperation; Trans-national cooperation (EU) and International cooperation between the EU and third countries) solicitarase un proxecto no tema 6: Medioambiente (incluindo cambio climático).

none
Hoxe en día existen tecnoloxías e ferramentas capaces de aportar un coñecemento detallado dos ecosistemas costeiros. Pero o seu elevado coste e a complexidade da súa implementación afántanos de moitos sectores.

Co fin de deseñar un proxecto realista que aborde o deseño dunha metodoloxía aberta para a clasificación de hábitats bentónicos empregando métodos acústicos, realizarase durante os días 14, 15 e 16 unha reunión científica organizada por este grupo que permita aunar ideas, fixar obxectivos concretos e asignar responsabilidades ós diferentes grupos colaboradores no proxecto. O programa da reunión: aquí.

Os obxectivos desta reunión científica son:

  1. Definición de obxectivos concretos e realistas para a solicitude do proxecto europeo “Development of Tools and Methodologies towards an User-Accessible European Network of Coastal Acoustic Mapping”.
  2. Definición de responsabilidades e tarefas (workpackage) para cada un dos grupos participantes no proxecto.
  3. Redacción da proposta de solicitude do proxecto.

Asistentes:

  • Víctor Espinosa Roselló, Isabel Pérez-Arjona, Vicente D. Estruch Fuster, Silvia Laura Falco Giaccaglia (Universidad Politécnica de Gandía)
  • Marek Moszynski (Universidade de Gdansk, Polonia)
  • Rosa Freitas (Universidade de Aveiro, Portugal)
  • Noela Sánchez, Juan Freire, Inma Álvarez (Grupo de Recursos Marinos y Pesquerías, Universidade da Coruña)

No Comments yet »

Subscrición RSS ós comentarios da entrada. URI para TrackBack.

Deixe un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Entries and comments feeds. Valid XHTML and CSS.