Desenvolvemento de ferramentas e metodoloxías para a creación dunha rede europea de mapeado acústico accesible ó usuario
11/01/08 ,Dentro do 7º Programa Marco (Cooperation; Trans-national cooperation (EU) and International cooperation between the EU and third countries) solicitarase un proxecto no tema 6: Medioambiente (incluindo cambio climático).
Hoxe en día existen tecnoloxías e ferramentas capaces de aportar un coñecemento detallado dos ecosistemas costeiros. Pero o seu elevado coste e a complexidade da súa implementación afántanos de moitos sectores.
Co fin de deseñar un proxecto realista que aborde o deseño dunha metodoloxía aberta para a clasificación de hábitats bentónicos empregando métodos acústicos, realizarase durante os días 14, 15 e 16 unha reunión científica organizada por este grupo que permita aunar ideas, fixar obxectivos concretos e asignar responsabilidades ós diferentes grupos colaboradores no proxecto. O programa da reunión: aquí.
Os obxectivos desta reunión científica son:
- Definición de obxectivos concretos e realistas para a solicitude do proxecto europeo “Development of Tools and Methodologies towards an User-Accessible European Network of Coastal Acoustic Mapping”.
- Definición de responsabilidades e tarefas (workpackage) para cada un dos grupos participantes no proxecto.
- Redacción da proposta de solicitude do proxecto.
Asistentes:
- Víctor Espinosa Roselló, Isabel Pérez-Arjona, Vicente D. Estruch Fuster, Silvia Laura Falco Giaccaglia (Universidad Politécnica de Gandía)
- Marek Moszynski (Universidade de Gdansk, Polonia)
- Rosa Freitas (Universidade de Aveiro, Portugal)
- Noela Sánchez, Juan Freire, Inma Álvarez (Grupo de Recursos Marinos y Pesquerías, Universidade da Coruña)
No Comments yet »
Subscrición RSS ós comentarios da entrada. URI para TrackBack.