Programa de análise textural de datos de sondas splitbeam: Ecosons splittex
03/11/11 ,Acabamos de colgar na nosa sección de descargas o programa de análise textural de datos de sondas splitbeam Ecosons splittex. Con este programa poderedes realizar unha análise de texturas dos ecogramas angulares obtidos con sondas splitbeam. A partir de arquivos .raw xerados pola sonda o programa permite calcular os parámetros de textura definidos por Haralick (1973) (alternativo) e realizar, a partir dos valores das mesmas, unha análise estatística para agrupar os diferentes puntos de mostraxe basándose nas características angulares do sinal de resposta. Permite, ademais, xerar diferentes saídas gráficas e exportar arquivos xyz para traballar en SIG.
No arquivo .zip que vos podedes baixar atoparedes, xunto co programa para correr en octave, un manual de uso, así como arquivos de exemplo da entrada que hai que proporcionar ó programa e da saída que se xera.
Esperamos que vos sexa de utilidade e vos animamos a nos escribires con calquera dúbida.
No Comments yet »
Subscrición RSS ós comentarios da entrada. URI para TrackBack.