Proxecto CLIGAL. Análise de Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia
12/04/09 ,Freire J., R. Ferreiro & P. Pita (2009). Comunidades bentónicas e de peixes costeiros nos ecosistemas litorais. Evidencias do cambio climático. Pp. 455-500. En: Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia. Ed. Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Coordinación: Vicente Pérez Muñuzuri, Marisa Fernández Cañamero e José Luis Gómez Gesteira. ISBN: 978-84-453-4782-9. 719 pp. [Disponible en versión pdf en el sitio del proyecto y aquí]
Este libro presenta los resultados finales del proyecto CLIGAL: Análise de Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia de la Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible de la Consellería de Medio Ambente e Desenvolvemento Sostible. Más documentos de interés relacionados con este proyecto:
- Presentacións de evidencias do Cambio Climático en Galicia. Santiago de Compostela. Febreiro 2008.
- Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia. Resultados do proxecto (descarga del libro completo y por capítulos en versión pdf).
- Resumo para xestores públicos (capítulo final del libro)
Resumen del Capítulo 23. Comunidades bentónicas e de peixes costeiros nos ecosistemas litorais. Evidencias do cambio climático
Realizouse unha recompilación da información contida nas publicacións sobre as comunidades bentónicas litorais en Galicia. Esa información resultou enormemente heteroxénea. Unicamente algas, moluscos, crustáceos e poliquetos contan cunha base informativa mínima para permitir análises comparativas. Preséntase unha avaliación das publicacións destes grupos en canto á súa adecuación aos propósitos deste estudo. A análise da distribución das algas tipo “Kelp” ao longo do tempo ofreceu evidencias de variacións, posiblemente ligadas ao cambio climático. Discútese a posible orixe das lagoas informativas detectadas e proponse unha base metodolóxica para desenvolver un traballo eficiente de monitorización das comunidades bentónicas litorais. Por outra banda, e como consecuencia da crecente presión sobre as reservas pesqueiras globais, perdeuse a referencia do estado orixinal dos ecosistemas mariños, chave para cuantificar a diminución dos tamaños poboacionais e corporais dos recursos da pesca. Neste traballo modélanse mediante GLM as tendencias (1953-2007) nas variacións nas comunidades de peixes costeiros, froito das actividades humanas, mediante o emprego dun arquivo de campionatos de pesca recreativa submarina. As tendencias por mergullador e campionato no número de individuos capturados, no seu peso e no tamaño corporal do exemplar maior son significativas e de pendentes negativas. Actualmente o número de individuos capturados reduciuse nun 44% e o seu peso nun 74% respecto dos inicios da serie temporal, mentres que o tamaño corporal se reduciu nun 35%.
No Comments yet »
Suscripción RSS a los comentarios de la entrada. URI para TrackBack.