Fismare en La Voz de Galicia

En sección de ciencia y mercado de  la edición del 9 de Marzo de 2009 de La Voz de Galicia aparece un reportaje acerca de la spin-off del grupo FISMARE S.L: Sostenibilidad e Innovación.

La versión impresa en pdf se puede descargar aquí.

A continuación teneis el artículo completo:

Fismare, unha nova ollada para o sector pesqueiro

Parte del Grupo de Trabajo de Fismare // Fotografía: Fuco Rei

Parte del Grupo de Trabajo de Fismare // Fotografía: Fuco Rei

«Xurdimos como unha mestura de oportunidade e de necesidade», anticipa Juan Freire cando se lle pregunta por Fismare, unha spin-off forxada no seo do Grupo de Recursos Mariños e Pesqueiras da Universidade da Coruña. Hai tres anos viron que os seus traballos de investigación derivaban en proxectos que non eran estritamente académicos, en desenvolvementos que se podían replicar, en realizar, xa que logo, un traballo áxil de I+D afastado do que Freire, coordinador do grupo, entende como «a estrutura en moitas ocasións lenta e burocrática da Universidade». E naceu Fismare, unha empresa de base tecnolóxica que ofrece servizos relacionados coa xestión do medio costeiro e os recursos mariños. A oportunidade era o valor engadido que podían ofrecer: unha nova mirada para o sector. A necesidade gardaba relación coa posibilidade de ofrecer unha saída laboral a doutorandos que non tiñan un futuro claro. Por iso tres profesores da UDC, entre eles Freire, involucraron a cinco mozos. «Dous deles aínda están facendo o doutoramento, pero queriamos incentivalos, que fosen socios e non simples traballadores», puntualiza.

Baixo esa idea e unha planificación empresarial prudente que refugou a opción do capital risco, Fismare atopou o seu oco. Agora está a piques de incorporar catro novos traballadores, pero tamén atravesou por momentos de incerteza financeira. Os seus promotores non buscan diñeiro fácil e rápido senón emprego e proxectos de calado que acheguen coñecemento en ambos os sentidos, deses nos que se traballa un ano «e cóbrase ao final», matiza Freire. Hai vocación de investigar, pero tamén de desenvolver solucións prácticas para, por exemplo, sentar as bases da formación de reservas mariñas nas nosas costas, uns espazos protexidos para recuperar e conservar as especies e o hábitat. Así, traballaron no proxecto para pór en marcha a dos Miñarzos, na costa de Lira. Alí realizaron un seguimento polo miúdo dos ecosistemas, as capturas ou as áreas de pesca. Agora fan o propio en Cedeira. «Estamos a organizar a información, que se pesca, onde, o estado dos recursos, a diversidade do ecosistema?», explican. Tamén o fan en Aguiño onde están nunha fase máis embrionaria.

Outros servizos que ofrece Fismare configúranse como solucións de amplo percorrido nun futuro próximo. É o caso da consultaría en comercialización de produtos pesqueiros onde ilustran aos pescadores sobre as vantaxes de saltarse intermediarios na relación co comprador ou a certificación de pesqueiras. «No norte de Europa teñen importancia porque os consumidores apréciano, aquí estamos traballando en xerar a información para que se poida certificar a navalla da ría de Pontevedra ou o marisqueo de bivalvos de Abanqueiro, preto de Bueu», detalla Freire. Son labores nas que atoparon a colaboración de grupos de investigación da Universidade de Vigo, no primeiro caso, ou doutro dun grupo de enxeñeiros da Universidade da Coruña porque Fismare teñen unha filosofía colaborativa da que fan bandeira e que Freire xustifica: «A oferta de servizos de xestión ambiental está moi atomizada. Nós somos competimos nese mercado, pero cremos máis na colaboración para afrontar proxectos».

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/canales/cienciagalega/2009/03/09/00031236602121821645289.htm

No Comments yet »

Suscripción RSS a los comentarios de la entrada. URI para TrackBack.

Deje un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Entries and comments feeds. Valid XHTML and CSS.