Convocatoria de micro-proyectos de la Fundación Océano Vivo
22/06/05 ,CONVOCATORIA DE AXUDAS
do
Padoadro da Fundación “Océano Vivo”
para a financiación de Microproxectos para a rexeneración, restauración e
promoción do sector pesqueiro e
marisqueiro de Galicia
Para a rexeneración, restauración:
– Profesionais do mar
(pescadores e mariscadores).
– Entidades relacionadas co
Sector Pesqueiro e Marisqueiro.
– Investigadores.
Para a
promoción:
– Estudios, artigos de prensa e obras literarias
sobre o Sector Pesqueiro e Marisqueiro.
– Fotografías, pintura ou escultura relacionados
co Sector Pesqueiro e Marisqueiro.
As bases figuran na páxina web da Fundación:
http://www.FundacionOceanoVivo.org
BASES DE LA CONVOCATORIA
O Padoadro da Fundación “Océano Vivo” convoca axudas para a
financiación de Microproxectos
para a rexeneración, restauración e promoción do sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia
BASES
- Poderán
presentar solicitude de axuda de forma individual ou colectiva, todas
as persoas ou entidades que presenten proxectos que a continuación se
detallan. A) Para a rexeneración, restauración: Profesionais do mar
(pescadores e mariscadores), Entidades relacionadas co Sector Pesqueiro
e Marisqueiro, Investigadores. B) Para a promoción do Sector:Estudios,
artigos de prensa e obras literarias sobre o Sector Pesqueiro e
Marisqueiro; Fotografías, pintura ou escultura relacionados co Sector
Pesqueiro e Marisqueiro. - Estos
proxectos deberán contar con todos os requisitos legais para a súa posta
en funcionamento (sendo por conta do solicitante a xestión dos oportunos
permisos, licencias e demais requisitos) e ademáis garantizaráse o
principio de pesca sostible e responsable. - Os
micro-proxectos terán unha contía como máximo de 18.000 €, quedando a criterio do Padroado da Fundación
(unha vez escoitado o Comité de selección) a cantidade a financiar e
valorándose as aportacións financieiras que faigan os solicitantes ao
mesmo. - A
duración máxima de cada micro-proxecto será de 12 meses, sendo potestade
do Padroado a cancelación da axuda ao remate do plazo. - Crearase
un Comité de Selección de expertos e a tal fin a Fundación firmará un
Convenio de Colaboración coa Universidade de A Coruña e WWF/ADENA polo cal
estos dous organismos colaborarán no asesoramento ao Padroado na decisión
final de concesión das axudas e no seguimento da execución dos
micro-proxectos. - Redactarase
o proxecto encabezando o mesmo cun escrito dirixido ao Presidente da
Fundación, no que quede perfectamente clara a identificación da persoa ou
entidade, a súa actividade actual e a súa relación co proxecto que
presenta. Respecto a este último presentarase toda a documentación que
axude a valorar positivamente a súa proposta (planos, antecedentes,
lexislación, datos estadísticos,fotografías, videos, etc…). - Todos
os proxectos presentaranse no Rexistro da Confraría de Pescadores donde se
pretenda levar adiante o proxecto e no caso de implicar o ámeto
territorial de máis dunha Confraría estos pódense presentar no Rexistro da
Federación Provincial de Confrarías respectivo. En calqueira dos casos
sellarase copia da entrega que pode enviarse á sede da Fundación Océno
Vivo (Xosé Pasín, 7-5º B, Santiago-15706) ou ben ao FAX da mesma
(981941151). - prazo
de presentación dos proxectos será de 20 días, rematando o día 9 de xullo
de 2004.
Santiago, a 20 de xuño de 2004.
No Comments yet »
Subscrición RSS ós comentarios da entrada.