Visitantes dende Brasil
21/02/08 ,A semana do 25 ó 29 de Febreiro celebraremos aquí na Coruña unha reunión científica na que contaremos con importantes investigadores cos que xa estamos colaborando en Brasil ( Proyecto PULPO).
A delegación brasileira visitante estará formada por Reynaldo Amorim Marinho, Enxeñeiro de Pesca e Director da Divisão de Pesca, e Raúl Mario Malvino Madrid ambos do Instituto de Ciências do Mar – LABOMAR–Universidade Federal do Ceará, e Sérgio Macedo Gomes de Mattos, Presidência da República, Secretaria Especial de Aqüicultura e Pesca – SEAP/PR, Chefe do Escritório no Estado de Pernambuco.
A finalidade das visitas é a elaboración dun proxecto conxunto entre o Nordeste de Brasil e Galicia no cal o obxectivo principal será contribuir a implementar modelos de sistemas de xestión participativos, tamén denominados de coxestión. Basarase no desenrolo da pesca costeira, específicamente da actividade pesqueira artesanal e a pequena escala no Nordeste de Brasil, fundamentados nas experiencias de Galicia como comunidade pesqueira tradicional. Desta forma, para lograr o obxectivo proposto, durante a visita se contextualizará o sector pesqueiro dentro dun breve e sucinto panorama histórico das políticas de desenrolo e xestión para a pesca costeira, argumentando dende qué perspectiva houbo realmente desenrolo e xestión dentro da intervención gubernamental. O cambio de experiencias entre os científicos e técnicos de España e Brasil suxire la necesidade de profundizar e socializar os coñecementos sobre os obxectivos da xestión, os sistemas de xestión desenrolados e a súa aplicabilidade. Así como, as interrelacións existentes entre sistemas de xestión e ordenamiento da actividade pesqueira e os conflictos existentes entre sostenibilidade e sobreexplotación, factores inherentes a calqueira pesqueiría y fortemente marcados na pesca costeira, polas consecuencias sociais e económicas directas e inmediatas. Durante está reunión visitaránse diferentes ámbitos do sector pesqueiro, o que axudará a mellorará a comprensión do estado actual da pesca en Galicia.
1 comentario »
Subscrición RSS ós comentarios da entrada. URI para TrackBack.
[…] esta entrega, tendr?ir la oportunidad de leer acerca de la visita que realiz? la delegaci?n brasile?a a finales de febrero, de un nuevo proyecto de colaboraci?n […]
Pingback por Recursos Marinos y Pesquer?as » Archivo » Polvo News: Ano I No. 2 — #