Obradoiro sobre consumo responsable de produtos da pesca
25/03/14 ,
O Grupo de Recursos Mariños e Pesquerías organiza en colaboración coa Cooperativa O Canto da Balea, un obradorio de recoñecemento de especies que xeran confusión e engano no mercado. Empregando exemplares reais o participante deberá ir identificando as especies expostas. Como conclusión final crearase o debate arredor das consecuencias da incorrecta identificación do produto dende o punto de vista comercial pero tamén na xestión do recurso.
O obradorio celebrarase o venres 11 de abril na Facultade de Ciencias da UDC. Desenvolveranse dúas quendas, unha de mañá (12:00 a 14:00h) e outra de tarde (15:30 a 17:30h). Non se requiren habilidades ou coñecementos específicos.
Información sobre a inscrición no obradorio consumo resposable
Sobre O Canto da Balea
O Canto da Balea é unha cooperativa constituída por doutores e licenciados en Bioloxía e Ciencias do Mar que conta coa colaboración da confraría de pescadores de Lira (Carnota – A Coruña). Os compoñentes de O Canto da Balea contan con 15 anos de experiencia traballando en investigación, asesoramento técnico e formación a xestores de pesqueiras, pescadores e mariscadores. Entre os seus obxectivos atópase o fomento do consumo responsable dos produtos da pesca artesanal e entre as súas actividades a impartición de obradoiros e charlas de divulgación e promoción da tecnoloxía e a ciencia aplicada á conservación, xestión, comercialización e consumo destes recursos vivos.
Máis información : http://www.ocantodabalea.com/web/
No Comments yet »
Suscripción RSS a los comentarios de la entrada. URI para TrackBack.