Cartografía de recursos SIG > Cartografía > Recursos
Actualmente, a actividade pesqueira e marisqueira supón un dos sectores económicos máis importantes en toda a comunidade galega. De feito, case 40,000 persoas en Galicia traballan directamente en actividades de pesca e marisqueo, e aproximadamente unhas 117,000 (arredor do 10% da poboación) o fan en actividades que dependen directamente da pesca (transporte, industria conserveira, etc.).
Botando unha ollada ós datos económicos ponse en evidencia igualmente a relevancia económica do sector. Só en Galicia o P.I.B. do sector pesqueiro e marisqueiro achégase ós 4,800 millóns de euros anuais, o que constitúe o 10% do P.I.B total desta comunidade.
Case un 80% dos barcos e dos pescadores galegos dedícanse á pesca artesanal preto da costa. Dos case 40,000 pescadores, 19,600 son pescadores artesanais que faenan dende a embarcación, 9,562 son mariscadores a pé que extraen bivalvos e 2,410 mariscadores de “recursos específicos”. Este sector, a pesar de non ser o máis coñecido, ten grande importancia en Galicia xa que hai uns 290 bancos de bivalvos, cunha superficie total de 23,012,656 m2.
Todas estas cifras revelan a importancia dos recursos mariños e costeiros en Galicia e, polo tanto, fai patente a necesidade dunha xestión eficiente e sostible dos mesmos.
Unha boa xestión dos recursos pasa, necesariamente, por un coñecemento dos mesmos, por iso tentamos (e continuamos) cartografiar os recursos explotados polo sector pesqueiro galego. Polo momento están dispoñibles para a súa descarga capas de bancos de bivalvos explotados e de caladeiros de pesca. A información de orixe de ambas capas atopábase en formato papel polo que a súa xeración foi a través de escaneado, dixitalización e corrección con respecto á líña de costa no caso dos bancos marisqueiros.
A información que aquí se presenta pretende ser unha ferramienta útil para traballos de xestión neste campo e está dispoñible para a súa descarga nesta página: